A chegada de alumnado novo ó centro e mais o despiste de moitos dos que xa estaban o ano pasado motivou que fixésemos en tres quendas diferentes unha presentación das nosas actividades, centrándonos sobre todo na revista dixital e no blog.
Desde o ENDL programamos para este curso unha presentación da revista e do blog que se levou a cabo na semana do 20 ó 24 de outubro. Organizamos as seguintes sesións:
Luns 20: unha sesión para 1º ESO e outra para 2º ESO
Xoves 23: unha sesión para 4º ESO e 1º Bach.
Venres 24: unha sesión para 3º ESO
Nas diferentes xornadas, algúns membros do profesorado e do alumnado do ENDL expuxéronlles ós compañeiros as actividades do ENDL, pero centrándose fundamentalmente en dúas actuacións que, ademais de seren as máis novidosas, pretendemos que teñan colaboracións de toda a comunidade educativa: a revista dixital e o blog. Dado que por cuestións organizativas do centro non se puideron realizar sesións individuais por cursos para levar o alumnado á aula de informática e que entrasen directamente na revista e no blog, fómoslles presentando -a través dun documento en power-point- as diferentes seccións da revista, así como os apartados do blog, o xeito en que podían participar e como debían facernos chegar as súas colaboracións.
O ENDL agradécelle ás alumnas Raquel Cespón, Lucía Triñanes, Lorena Villanustre, Patricia Túñez, Esther Dominguez e Elisabet Lajos a súa colaboración nas presentacións.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]