Seguro que todos/as vós coñecedes a alguén que ronca, pois debedes saber que detrás dos ronquidos hai, como mínimo, unha obstrución nalgún lugar da vía aérea; podendo chegar a ser unha enfermidade como a que vos presento a continuación, que pode desencadear, se non se trata, ata un infarto ou unha embolia cerebral.
SÍNDROME DE APNEA DO SONO
APNEA DO SONO: Conxunto de manifestacións clínicas que produce ter apneas mentres durmimos.
Esrímase que a prevalencia está arredor dun 2 % da poboación.
APNEA. Defínese como o cesamento intermitente do fluxo aéreo en boca e nariz, dunha duración superior a 10 segundos.
HIPOPNEA. Episodio de diminución do fluxo aéreo en boca e nariz (ó menos do 50%), durante máis de 10 segundos e acompañado de diminución da concentración de osíxeno no sange e/ou alertamento (espertar).
A presenza dun índice de apena e hipopnea superior a 5-10 episodios por hora de sono, é patolóxico.
DISTRIBUCIÓN DAS APNEAS DURANTE A NOITE:
A apnea dáse na fase REM e na fase 1-2 da fase NO REM, sendo menos frecuentes nas fases 3-4.
Nas fases do sono distínguense unha fase REM, na cal predominantemente soñamos e onde existe gran relaxación muscular, e unha fase NO REM na cal se diferencian as fases 1 – 2 que corresponderían ó sono lixeiro e as fases 3 – 4 que corresponderían ó sono profundo.
Nas persoas con síndrome de apnea do sono leve ou moderado aparece cando están en decúbito supino (panza arriba).
TIPOS DE APNEAS:
· Apnea obstrutiva
· Apnea central
· Apnea mixta
· Apnea obstrutiva. Cesamento do fluxo aéreo polo nariz ou pola boca durante 10 ou máis segundos con persistencia do esforzo respiratorio torácico e abdominal (é dicir, aínda que o paciente deixe de respirar os músculos encargados da respiración están esforzándose en que respire). Son as máis frecuentes.
· Apnea central. Cesamento do fluxo aéreo polo nariz ou pola boca durante 10 ou máis segundos con cesamento dos movementos respiratorios do tórax e do abdome.
· Apnea mixta. Inicialmente é central e a última fase é obstrutiva.
ÍMONOS CENTRAL NA MÁIS COMÚN: APNEA ONSTRUTIVA:
ETIOPATOXENIA Que é o que pasa?
1. A apnea obstrutiva débese a que ó durmir os músculos da gorxa e a lingua do pacente reláxanse demasiado, obstruíndo a parte superior das vías respiratorias.
2. A respiración faise difícil e ruidosa xa que o aire flúe con dificultade polo que: ocorren fortes ronquidos xunto a períodos de falla de respiración (apnea), descende o osíxeno no sangue e varía a frecuencia cardíaca.
3. Os pulmóns e o cerebro non reciben osíxeno suficiente, isto alerta ao sistema nervioso a abrir as vías respiratorias, para normalizar a súa función, producindo espertares cerebrais inconscientes, a partir dos cales a persona comeza a respirar de novo cun forte ronquido ou bafexo.
4. A falta de sono profundo, ou fragmentado conduce a estadíos de somnolencia durante o día.
5. Ademais hai outros factores que facilitan a aparición da apnea: a idade (a máis idade maior probabilidade), sexo (maioritariamente masculino), obesidade, consumo de tabaco e alcohol ou ata factores anatómicos: hipertrofia das amigdalas, hipertrofia lingual, malformacións mandibulares (retrognaxia, micrognaxia)
Pero… POR QUE O PACIENTE NON MORRE CANDO DEIXA DE RESPIRAR?
Cando a respiración cesa, o sistema nervioso detecta o esforzo torácico e a diminución da saturación de osíxeno, e manda información para reactivar a respiración.
MANIFESTACIÓNS CLÍNICAS
1. Hipersomnia ou somnolencia diúrna (por repetición deste trastorno ó longo da noite que ocorre de maneira inconsciente). A somnolencia interfire na vida social e laboral da persoa afectada; producindo dificultade para concentrarse, provocando accidentes graves de tráfico…
2. Ronquido
3. Pausas respiratorias durante o sono observadas pola familia.
DIAGNÓSTICO
É importante diagnosticar e tratar a tempo a apnea do sono, xa que se asocia co seguinte:
- Arritmias cardíacas.
- HTA.
- Infarto de miocardio.
- Embolia cerebral.
Se o médico sospeita que padece apnea do sono, existen distintos exames que se poden empregar para chegar a un diagnóstico:
A polisomniografía é o exame específico para confirmar o diagnóstico da apnea do sono e a súa gravidade. O estudo, que polo xeral implica a estadía dunha noite nun centro especializado, permite o monitoreo de: as ondas cerebrais, a tensión muscular, o movemento ocular, a respiración (termistor), os movementos do tórax e o abdome (bandas con mercurio no interior que rodean o paciente) os niveis de osíxeno no sangue e a posición corporal.
O estudo débese realizar cando o paciente está durmindo. Para sabelo o médico fíxase no electroencefalograma.
Existen estudos simplificados que permiten chegar ó diagnóstico mediante a medición da frecuencia e tipo respiratorio, a frecuencia cardíaca, a osixenación do sangue e a posición corporal.
TRATAMENTO
1. Medidas xerais
· Corrección de factores de risco:
- Non alcohol
- Non tabaco
- Perda de peso.
· Corrección postural:
- Aquelas persoas nas que a apnea teña relación postural teñen que evitar durmir en decúbito supino (panza arriba). Para isto podemos botar man de almofadóns ou de pelotas de tenis cosidas na parte traseira do pixama, e evitar así a posición.
As medidas xerais poden ser suficientes en casos leves.
2. CPAP (presión positiva na vía aérea superior)
Este tratamento consiste na aplicación de presión positiva na vía aérea, por vía nasal; máquina conectada ás fosas nasais por medio dunha máscara. A presión non é a mesma para todas as persoas, axústase de maneira individual (á mínima presión que manteña a vía aérea aberta).
Hai estudos que demostran que diminúen os síntomas e mellora a calidade de vida.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]