Imaxe de cabeceira
O IES rebole / Rianxiño viaxa
O teatro da xeración do 27

O pasado martes día 11 de novembro o alumnado de 4º da ESO  2º de bacharelato do I.E.S. Félix Muriel viaxou a Santiago de Compostela ao colexio privado La Salle para ver unha representación teatral sobre a xeración do 27. Había alumnos doutros centros, eramos sobre uns seiscentos rapaces na sala.

 

Representáronse textos de varios escritores famosos da xeración do 27. Federico García Lorca, Miguel Hernández, Pablo Neruda  e León Felipe.

Representáronse as seguintes obras:

La zapatera prodigiosa (Lorca)

Mi Primer Poema (Neruda)

Elegía de Miguel Hernández (Miguel Hernández)

Escuela (León Felipe)

Estas obras foron representadas por Ricardo Francisco Piscitelli Fracer actor, mago, director, mentalista, profesor e cantautor. É arxentino –francés e actualmente reside en España. Leva vinte anos adicándose ao teatro para rapaces  e é considerado moi bo no seu traballo, xa que non se queda a actuación de Ricardo Frazer nun simple «recital» de textos literarios, o hispano saca a súa faceta de actor e  encárnase sobre o escenario en  persoaxes diferentes, de tal xeito que fai moito máis atractivos os textos literarios para os rapaces.

 

Resumo de cada obra:

La zapatera prodigiosa: unha rapaza de vinte anos que estaba casada cun señor que pasaba os cincueta… A moza andaba con outros homes mentres que o home non sabía nada, ata que un dia se puxo de acordo cun dos seus amantes para matar o marido.

Mi primer poema:  a un home trouxéronlle un cisne medio morto, un cisne de pescozo negro e ollos vermellos. O home facia todo o posible para que curase…. Levávao todos os dias ao rio para que non se sentise preso, pero un dia o cisne non puido máis e morreulle nos brazos.

Elegía de Miguel Hernández: son os pensamentos expresados nun poema dun home que perdeu ao seu amigo. É un poema escrito para el, ponlle moito sentimento.

Escuela: son memorias dun home contando os sucesos que viviu nunha época da súa vida. Trata de varios temas sociais.

A nós gustounos moito. Foi unha obra entretida e moi educativa aprendes a comprender os sentimentos e pensamentos dos autores, ademais foi representada por un bo actor de teatro, Ricardo F. Piscitelli que interpretou con moito entusiasmo.

Ao rematar a obra fomos dar un paseo polas rúas de Santiago, para comprar algo de comer, tomar algo ou simplemente facer render o tempo antes de volver a Rianxo. Foi unha saída entretida. Nós volveríamos repetila

http://www.culturaltempestades.com/curriculum.html




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.