Imaxe de cabeceira
Sabías que...
O castelo de Vimianzo

A  historia deste castelo reflexa moi ben todos os acontecementos que sucederon en Galicia dende o século XIII ata os nosos días.

Os seus constructores foron os Mariño de Lobeira(XII ou XIII) dos que non coñecemos moito da época na que foron donos do castelo. Unhas escavacións realizadas  nos anos 80 revelan a existencia dunha gran torre no que oxe é o patio do castelo así como un forno ao seu carón usado probablemente para elaborar pan.

Os seguintes propietarios foron os Moscoso. Estes estaban emparentados cos Traba, a familia nobiliar máis representativa da Idade Media galega. Foron medrando pouco a pouco, acadando deste xeito o título de Condes de Altamira, o que demostra a súa proximidade á coroa.A finais do século XV (1497) prodúcese un feito decisivo na historia de Galicia e do castelo: a Guerra Irmandiña. O pobo decide tomar o asalto ás fortalezas, provocando a fuxida da nobreza galega a Castela, a maioría das fortificacións existentes serán destruídas ou danadas. O mesmo lle aconteceu ó castelo de Vimianzo.

A rebelión non durou moito. Os nobres escapados emprenderon a recuperación das súas posesións no ano 1469. Lope Sáchez de Moscoso , autoproclamado primeiro Conde de Altamira, recuperará a fortaleza pola forza das armas ao Arcebispado de Santiago que se apoderara do castelo tras a caída dos Irmandiños. Os enfrontamentos entre a Mitra santiaguesa e os Moscoso veñen xa do século anterior e van continuar durante o século XV debido á natureza estratéxica do castelo, cuxa cercanía á costa permitía controlar as rotas comerciais do Mar do Norte, os negocios da sardiña e do sal e os botíns dos barcos que naufragaban nestas costas. O castelo seré reconstruído polas mans de mestres canteiros e vascos.

Cando os Condes de Altamira, ó igual que toda a nobreza galega, marcha para residir na Corte, unha serie de alcaides ou meiriños serán os encargados das súas propiedades e posesións.

Esta situación manterase relativamnete estable ata o século XIX. Os Altamira convértense nunha das familias máis populares da vida pública do estado. No castelo seguirán sucesivos alcaides e acometeranse diversas reformas que actualmente non son doadas de precisar.

A última reforma realizouse no século XIX por Evaristo Martelo, que acometeu unha serie de obras pra facer habitable o castelo. Posteriormente a súa filla, Dolores Martelo de la Maza, cedeu a fortaleza ó Arcebispado de Sntiago. Finalmente en 1973 foi comprado pola Deputación da Coruña, que o condicionoiu para a súa visita.

 

AS PEDRAS ARMEIRAS

Coñécense tamén como escudos de armas e son pedras labradas nas paredes das construccións que pertencen a unha determinada liñaxe. Nelas represéntanse os símbolos que identifican a esa liñaxe.

No castelo de Vimianzo podemos ver varios escudos de armas. A maior parte deles pertencen á época en que Martelo reformou o castelo. Neles aparecen os símbolos que identificaban ás liñaxes propietarias da fortaleza.

 

Sin duda que despois de ler a interesante historia deste castelo, cando vaiamos a Vimianzo teremos ganas de velo.

 

                                                                                                                                                                           




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.