Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Magosto no I.E.S. Félix Muriel (curso 2008/2009)

 

O día 8 de novembro realizouse o magosto no instituto. Tivemos sorte e fixo un día moi bo. No magosto houbo xogos típicos clásicos, como son a chave, a petanca, os zancos, o tiro da corda…..

Ademais, tamén había unha “play”, cos xogos do karaoke.

Os xogos realizaronse pola parte do recinto na que está a pista de fútbol, pola parte de enfrente e detrás do polideportivo.

Houbo un xogo que estivo moi ben, que chamou moito a atención, que consistía en comer “churros con chocolate” cos ollos vendados, pero eses “churros con chocolate” tíñachos que dar quen estivera en frente túa, e ti tíñasllos que dar a el, e poñíaste perdido. Jeje……

Pois….. xa non sei que máis dicir, pero esas dúas horas foron moi boas.

Veña, a coidarse e ata outra.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.