Imaxe de cabeceira
Sabías que... / Retratos
CUESTIONARIO PARA ANTIGOS ALUMNOS E ALUMNAS

Miriam Lorenzo Resúa, alumna de ESO 1º C , foi a encargada de pasar este cuestionario ó seu irmán Francisco José Lorenzo Resúa.

1. Cóntanos, como foi o teu paso polo instituto?
O miña estancia foi larga, pero finalmente fructífera. Tras seis anos de vida estudiantil, ó final rematei os meus estudos no IES.

2. Estudabas moito? Eras un bo estudante?
Depende do ano. Os anos que repetín curso obviamente non, pero a partir deses anos sí que estudaba….máis que estudar moito debo dicir que estudaba de forma eficaz.

3. Que seguimento facían dos teus estudos a túa familia?
Pódese dicr que estiveron preocupados pola miña situación académica en todo momento.

4. Como vivías os días de exames e as avaliacións?
Bastante ben, daquela sabía encarar esas situacións con concentración.

5. Cres que o feito de ter estudado no IES, ten algunha relevancia na persoa que es hoxe en día? Explica porqué.
Sí, claro que ten importancia. Foi unha etapa na que os alumnos eramos moi problemáticos por diversos feitos. Unha idade moi difícil, cercanos á vida laboral, ós amoríos…

6. Se daquela pudieses modificar algo de centro, o plan de estudos, as materias, o profesorado…que cambios Farías de boa gana?
Daquela o profesorado era xente moi nova e as materias eran dadas con moitos contidos e escaso valor construtivo.

7. Agora un breve cuestionario para resolver tamén cunha breve desposta:
• Unha materia marabillosa: Historia
• Unha materia horrorosa: Xeoloxía e Bioloxía
• Un profesor ou profesora: Tina (de Galego)
• Un curso que recordes con afecto: 2º BUP
• Un amigo ou amiga daqueles tempos: Alberto
• Un pesadelo: Matemáticas
• Unha lembranza: cando recuperei 4 asignaturas de 6 en setembro
• Unha festa no IES: a final da liga de futbol sala
• Unha canción: With or without you- ( de U2)
• Unha falcatruada: copier nun exame.
• Unha inxustiza: fóra da clase por algo que non fixeramos.
• Un soño daquela: acaba-lo instituto.

8. Para rematar, agasalla cunha recomendación persoal túa, ós compañeiros e ás compañeiras que rematan próximamente os seus estudos.

Aproveitade ben esta oportunidade, este só é un dos moitos chanzos que tedes que subir. Ollo! Non tropezar.

Grazas Francisco.

Entrevista a Francisco José Lorenzo Resúa



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.