Imaxe de cabeceira
Varia / Presentación
Bico da ría, número 1

Damos comezo a un novo ano, un novo curso no IES Félix Muriel e voltamos ao traballo nas oficinas do Equipo de Normalización Lingüística, con moitas ganas de comezar a facer artigos e entrevistas do voso interese, para que vos poidades informar sobre as novas do centro e do mundo do estudante, así como outros temas da nosa cultura e da nosa lingua. Tamén levar a cabo os proxectos que levamos maquinando dende fai un tempo para a revista Bico da ría e para o blog O castelo da lúa, onde esperamos recibir as vosas propostas. Encargarémonos tamén de laborar a campaña do Día das Letras Galegas do 17 de maio de 2009, así como moitos outros traballos co fin de atraer a máis compañeiros (tanto alumnos/as como profesores/as) ao noso Equipo e sobretodo, co mesmo propósito de sempre: normalizar a nosa lingua.

Quero rematar cun parágrafo extraído da revista Retranca:


A disipación dionisíaca do verán deixa paso ao recollemento, á meditación, á nostalxia. Tempo de lembrar aos mortos e de facer o viño para os vivos. Tempo de botar contas, de recuperar a rutina do traballo dignificante e de varrer as follas vellas. Tempo de espiritualidade, tempo de cultura. Pasou o verán e a cultura vén de camiño (Retranca, outubro 2008).


Curso 2008-2009



Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.